Vés almorzar con nós?
Esta serie de almorzos tecnolóxicos enmárcase dentro do obxectivo de promocionar a competitividade das empresas do parque e dos grupos de investigación que traballan nos diferentes centros tecnolóxicos instalados no parque a través da promoción da súa tecnoloxía e o fomento da colaboración a través de intercambio de coñecementos tecnolóxicos, ou ben de compra - venda de tecnoloxía ou dos servizos que se prestan mediante esa tecnoloxía.
O público obxectivo serán as propias empresas do parque – entidades a promocionar- e as empresas situadas no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
O obxectivo final destes almorzos tecnolóxicos é que os participantes se coñezan entre si e expresen os seus intereses e áreas tecnolóxicas nas que traballan relacionadas co tema exposto de cara a posibles colaboracións cos presentes no futuro. Previo á xornada, as empresas fan unha pequena rolda de presentación co obxecto de fomentar a iteración entre elas facendo fincapé nas novas incorporacións da Tecnópole.
Duración: seis meses.
Frecuencia: unha ao mes.
Lugar: 3ª Planta do Edificio CEI.
-
Xoves 4 de abril de 9:30h a 11:00h
"Actividade Física como motor dunha vida persoal e profesional saudable".
Tecnópole Sport Center
Iago Saco Estévez
Graduado en Ciencias de Actividade física e o Deporte, Profesor de Educación Física e Técnico deportivo