Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A piscina e as instalacións deportivas de Tecnópole abren de novo ao público, con aforo limitado ao 75% da súa capacidade máxima

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- acaba de abrir ao público a piscina e súas instalacións deportivas, que están a disposición de calquera particular, familia ou grupo, ademais das persoas que traballan no Parque. A piscina permanecerá aberta durante todo o verán, ata o vindeiro 8 de setembro.

Iníciase o proceso de selección de empresas do programa Connect-19, a aceleradora de pemes especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19 impulsada por Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia teñen en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Neste programa, denominado Connect-19 (http://connect19.gal), poderán participar ata 20 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa se iniciou a fase de selección das propostas presentadas.

En marcha o primeiro campamento tecnolóxico online de Galicia, que promove Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- pon en marcha o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición. As circunstancias derivadas da actual crise sanitaria levaron a redeseñar o seu desenvolvemento, adaptándoo á nova realidade.

Coren compra 400 toneladas de pataca para axuda social

O Grupo Coren adquiriu 400 toneladas de pataca aos agricultores da Limia durante o mes de maio, "co obxectivo de axudar a bancos de alimentos e outras entidades sociais a atender o grande incremento de demanda que están a rexistrar actualmente os comedores sociais por parte de familias que atravesan dificultades derivadas da crise", segundo informou o grupo cooperativista ourensán.

Adolfo Domínguez incorpora asesores de compra á súa web

"Das crises sáese con innovación". Adriana Domínguez, presidenta executiva do grupo Adolfo Domínguez, presentou os resultados da compañía con esta declaración de intencións. A presidenta da téxtil anunciou o froito dun ano de traballo, o proxecto ADN, xogando coas siglas da marca e a carga xenética da compañía.

O presente é dixital e Adriana reparou nas novas relacións cos clientes, na caída das visitas ás tendas físicas, no escaso tempo do consumidor, no auxe do comercio electrónico, no valor do duradeiro, en que cada vez hai máis persoas "que simplifican o seu armario".

A biotecnoloxía galega traza o seu futuro e libra a batalla contra o virus

Conformada polas tres universidades galegas e por 107 empresas que, no seu conxunto, facturan máis de 370 millóns de euros e están inmersas nun crecemento constante, a biotecnoloxía galega cobrou un crecente protagonismo durante a crise sanitaria, abríndose paso na carreira para desenvolver vacinas e mesmo probas diagnósticas. Segundo o último informe da Asociación Española de Bioempresas (Asebio), Galicia foi en 2019 a segunda comunidade, empatada con País Vasco, na que máis compañías biotech se crearon, só por detrás de Cataluña, o principal polo de España neste campo.

Un grupo galego fabricará no Porriño dúas vacinas españolas contra o virus

A finais de ano, mesmo no vindeiro outubro, segundo acaba de anunciar a Universidade de Oxford, podería empezar a fabricarse a primeira vacina contra o coronavirus. Pero é probable que as iniciais terapias preventivas da covid-19 non alcancen unha porcentaxe de protección o suficientemente alta, por enriba do 60 %, ou que a súa distribución nun momento inaugural non poida satisfacer a demanda global. Cómpre, por tanto, procurar outras alternativas. E, a poder ser, dispor da infraestrutura necesaria para fabricar as doses a nivel nacional.

Os tres proxectos “tractores” elixidos pola Xunta xerarán 1.700 empregos

Unha planta de 50 megawatts para xerar hidróxeno verde, un centro de economía circular para converter os xurros das granxas en fertilizantes ou biogás e, por último, un centro industrial orientado a producir fibras téxtiles a partir da madeira. Estes son os tres proxectos “tractores” seleccionados polo comité de expertos económicos de Galicia para axudar a reactivar os motores da economía tras a pandemia do coronavirus.

Impulso económico a 58 proxectos para a promoción do sector agroalimentario

A Consellería de Medio Rural aprobou a concesión das axudas da Xunta para a promoción dos produtos alimentarios de calidade. En total, beneficiaranse uns 58 proxectos e 21 entidades. “Sen o sector agroalimentario Galicia debería cambiar de nome, o rural vai no noso ADN, cultura e forma de ser, independentemente de que nos dediquemos ou non ao sector agrario”, asegura o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez Vázquez.

A UVigo, entre as cen mellores do mundo en Tecnoloxía dos Alimentos

O prestixioso ranquin de Shanghai deu a coñecer unha clasificación das mellores universidades do mundo en 54 materias ou ámbitos. Nela, a Universidade de Vigo (UVigo) sitúase entre as institucións académicas de referencia en 12 categorías, destacando a posición que ocupa nos ámbitos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, entre as 75 mellores do mundo, e nas 100 primeiras en Oceanografía.

O sector tecnolóxico crea en 2019 un total de 191 compañías e máis de 1.000 postos de traballo

O sector TIC galego creou en 2019 un total de 191 empresas, que supuxeron 1.030 novos empregos, un 4,4% máis ata un total de 24.338 traballadores. Segundo informou a Xunta, o incremento de empresas é do 5,5% na comunidade galega, por enriba da media estatal, con base no estudo do Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga).

A empresa de Tecnópole “Amodo Soluciones” desenvolve a primeira aplicación para móbiles en España que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros en relación á COVID-19

Amodo Soluciones é unha empresa galega especializada no desenvolvemento de software, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-. Deseñou unha aplicación móbil que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros en relación á COVID-19, a primeira app destas características en España.

Páxinas