Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • O 87% das grandes empresas asumen obxectivos de desenvolvemento sostible

    O 87% das grandes empresas en España "xa incorporou medidas" para alcanzar algún dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), un compromiso asumido polo "54% das Pemes", afirmou este martes o presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Madrid, Angel Asensio.

  • Abanca inaugura a primeira oficina dotada de tecnoloxía 5G

    Abanca puxo en marcha, en colaboración con Vodafone, un proxecto piloto de implantación de tecnoloxía 5G na súa rede de oficinas, co que se converte no primeiro banco español en facer uso desta tecnoloxía sen fíos na súa rede comercial, segundo destacou onte a entidade.

    É un dos pilotos do Nodo de Cooperación con Operadores do Plan Galicia 5G da Xunta, dirixido a posicionar a comunidade autónoma como territorio preferente na extensión destas redes e desenvólvese na oficina de atención ao público que Abanca ten no polígono coruñés de Pocomaco.

  • O futuro da IA: así afectará un algoritmo á túa educación, saúde ou privacidade

    A intelixencia artificial (IA) está cada vez máis presente en moitos aspectos da nosa vida, aínda que normalmente a asociamos a dous extremos: o ocio (o altofalante que nos pide comida ou a plataforma de series que nos suxire unha nova en función das nosas preferencias) ou os perigos da privacidade (a aplicación que avalía os nosos gustos e nos mostra publicidade acorde).

  • Os datos do futuro almacenaranse en cristal

    Na última década, confiar as nosas fotos e arquivos á nube pasou a formar unha parte tan corrente da nosa vida cotiá que apenas pensamos niso. Servizos como Dropbox, iCloud e Google Photos recompilan sixilosamente datos persoais dende os nosos móbiles. Pero manter estes centros de datos que almacenan toda esta información non é tan doado como parece.

  • Un microchip que se coloca na boca para que os diabéticos midan a súa glicosa

    Un diminuto microchip implantado nun dente ou nunha férula dental permitirá ás persoas con diabete medir a súa glicosa e facilitaralles un mellor control da súa enfermidade sen ter que picarse varias veces ao día para determinar cal é o seu nivel de azucre no sangue.

    Esta tecnoloxía, que está sendo desenvolvida polo médico e odontólogo valenciano Salvador Albalat, conectarase a través duns sensores e mediante tecnoloxía de radiofrecuencia ao móbil, onde unha aplicación gardará os datos tanto da glicosa como da temperatura.

  • Unha tartaruga tecnolóxica para detectar microplásticos nos océanos

    Baixo a cuncha feita a base de placas de plástico reciclado oculta o corazón de Tartaruga Gardián, un dos dez proxectos do sexto Laboratorio de Innovación Cidadá organizado pola Secretaría Xeral Iberoamericana.

    Os expertos calculan que, cada ano, os seres humanos vertemos ao redor de oito millóns de toneladas destas pezas imperceptibles e que cada un de nós podemos chegar a inxerir e respirar entre 70.000 e 121.000 no mesmo período de tempo.

  • O aseo fabricado en 3D que evita propagar enfermidades gaña o Design Against War

    Cada ano morren no mundo máis de cen mil persoas por cólera e 800.000 nenos por diarrea, segundo a Organización Mundial de Saúde (OMS), principalmente en países pobres con saneamentos inadecuados ou afectados por guerras e desastres naturais.

  • En 2050 a oficina deseñará a luz e o café ao seu gusto

    Un artigo da revista Time publicado no 2000 describía a unha traballadora do futuro que atoparía traballos en Internet para desempeñar dende a casa. Tamén traballaría cun equipo virtual remoto nunha casa dominada pola domótica.

    Agora, case 20 anos despois, moitos empregados seguen desprazándose á oficina a diario. A porcentaxe de traballadores de EEUU que traballa dende a casa pasou do 3,3% en 2000 ao 5,2% en 2017.

  • Como as fábricas intelixentes achegarán valor engadido á economía

    As fábricas intelixentes -é dicir, aquelas que fan uso de diferentes tecnoloxías e plataformas dixitais para conseguir melloras significativas en produtividade, calidade, flexibilidade e servizo- poderían achegar un valor engadido de entre 1500 e 2200 millóns de dólares á economía mundial, grazas ao aumento da produtividade, unha mellora da calidade e o crecemento da cota de mercado, ademais da mellora dos servizos ao cliente, segundo se desprende dos resultados dun novo estudo do Instituto de Investigación de Capgemini.

  • Febre polos bootcamps: ¿pódese aprender a programar en semanas?

    A ausencia de perfís dixitais no mercado laboral provocou a proliferación destes cursos intensivos de programación, que prometen converter o alumno en desenvolvedor nuns poucos meses.

Páxinas