Febreiro 2014

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Dezaoito proxectos das Aulas Tecnópole son seleccionados para participar no certame internacional European Youth KiiCS Award

Dezaoito proxectos desenvolvidos por estudantes de Secundaria e Bacharelato nas Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e financiado pola Consellería de Economía e Industria, acaban de ser seleccionados para participar no certame internacional European Youth KiiCS Award.

CIS Madeira e Xunta colaboran para que a biomasa sexa o motor enerxético en Galicia

Substituír as caldeiras actuais de gasóleo ou fueloil por outras de biomasa que utilicen o biocombustible xerado polos desbroces dos montes galegos pode supoñer tanto ás industrias, como ás economías domésticas, un 50% de redución do gasto enerxético.

O móbil 100% galego de Primux aumenta as súas prestacións

A empresa ourensá Primux Tech abre este 2014 coa incorporación de novas prestacións ao seu smartphone, elaborado ao 100% con tecnoloxía galega. Este produto está a ser un dos produtos máis demandados no mercado xunto coa tablet de última xeración presentada o pasado mes de decembro en Tecnópole de cara ao mercado de Nadal.

Un proxecto de I+D+i liderado por Aimen consegue reparar células solares defectuosas mediante tecnoloxía láser

O centro tecnolóxico Aimen participou no desenvolvemento dunha técnica de reparación de células solares defectuosas ou rotas empregando tecnoloxía láser e inspección automática. Trátase do proxecto REPTILE ("Repairing of Photovoltaic Wafers and Solar Cells by Laser Enabled Silicon Processing"), unha iniciativa internacional que conta co apoio do Sétimo Programa Marco de I+D da Unión Europea.

O CDTI mellora os tramos non reembolsables para os proxectos de I+D empresarial

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) aprobou as novas condicións financeiras dos seus instrumentos, que entrarán en vigor a partir do 1 de febreiro de 2014. Concederá un tramo non reembolsable en todos os seus proxectos de I+D, que oscilará entre o 5% e o 25% sobre a axuda concedida.

Economía negocia con Bruxelas avalar créditos á I+D con fondos europeos

O déficit público en España chegou ao 11,1% do PIB a finais de 2012 e obrigou a unha política de axuste sen precedentes. Ademais dos recortes, todos os ministerios recibiron a orde de non imputar nin un só euro a partidas que computasen como déficit. Un dos máis prexudicados foi o extinto Ministerio de Ciencia e Innovación, que dende esa data tivo que cambiar a súa política presupostaria para tratar de axustarse ás prioridades fiscais.

Innovador sistema de videovixilancia intelixente para detectar furtivos en Galicia

A Xunta de Galicia porá en marcha no mes de xuño un innovador sistema tecnolóxico de videovixilancia contra o furtivismo e a vixilancia costeira. O proxecto 'Videoguard', como foi denominado este sistema, permitirá detectar embarcacións en zonas de porto e rías, así como persoas en zonas de praia, rochas e bateas, tanto en horario diúrno como nocturno.

Os envases verdes, máis lixeiros e capaces de alongar a vida de alimentos

Prolongan a vida dos produtos, axudan a reducir os refugallos alimentarios, utilizan unha menor cantidade de material e minimizan o impacto ambiental: son os envases activos e intelixentes, cuxa implantación en España é aínda incipiente.

Innovador sistema de pinturas para avións máis ecolóxico

Desenvolver un novo sistema de pinturas para avións máis ecolóxico baseado nunha técnica experimental utilizada en Ciencia de Materiais. Ese é o obxectivo do proxecto europeo de investigación GreenGELAIR que arrancou recentemente e no que participan científicos da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M).

A innovadora man biónica

Nove anos despois dun accidente que lle provocou a perda da súa man esquerda, Dennis Aabo Sorensen, de Dinamarca, converteuse no primeiro amputado no mundo en sentir en tempo real cunha prótese de man sensorial mellorada que está conectada cirurxicamente aos nervios no brazo superior.

Páxinas