Febreiro 2014

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Obteñen diésel a partir de bolsas de plástico

As bolsas de plástico das tendas, unha fonte abundante de lixo na terra e no mar, pódense converter en diésel, gas natural e outros produtos derivados do petróleo útiles, segundo investigadores estadounidenses.

Iniciativa de I+D+i para optimizar a conexión entre os parques eólicos e as redes de transporte de enerxía eléctrica

Iberdrola, xunto con Gamesa, Rede Eléctrica de España (REE) e o Instituto de Investigación Tecnolóxica (IIT) da Universidade de Comillas, finalizou con éxito o proxecto de demostración denominado Syserwind, que permitiu crear novos equipos e sistemas de control de potencia-frecuencia e tensión para optimizar a conexión entre os parques eólicos e as redes de transporte de enerxía.

Innovación e ecoloxía para crear un ladrillo ecolóxico feito con minerais

Un traballo realizado por estudantes de secundaria de Tandil, Arxentina, foi premiado a nivel internacional. O traballo tiña como obxectivo crear un ladrillo ecolóxico e con características que os que hai actualmente no mercado.

Tecnópole optimiza a súa páxina web atendendo ás suxestións dos seus usuarios

Tecnópole redeseñou e optimizou a súa páxina web atendendo ás demandas e suxestións dos seus usuarios. O acceso máis intuitivo á información e a simplificación dalgúns trámites relativos a servizos son os principais aspectos que se revisaron, á vez que se renovou a estética do site.

Gaélica Solar proxecta unha plataforma enerxética mariña e un deshidratador solar para alimentos

A empresa de tecnoloxía para o aproveitamento das enerxías renovables Gaélica Solar proxecta o desenvolvemento de dous novos produtos que prevé patentar ao longo de 2014 para iniciar a súa comercialización.

Expertos desvelarán en Tecnópole as oportunidades para pemes do programa Horizon 2020 da UE, dotado con 77.000 M€

O próximo 14 de febreiro Tecnópole acollerá unha xornada informativa sobre as oportunidades específicas para pequenas e medianas empresas que se contemplan no programa Horizon 2020, o novo programa marco de I+D+i da Unión Europea para o período 2014-2020.

Economía e Industria informa en Tecnópole sobre as súas ferramentas para impulsar a innovación e a competitividade das pemes

O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, invitou ao empresariado ourensán a botar man das diferentes ferramentas postas á disposición das pequenas e medianas empresas pola Consellería de Economía e Industria para impulsar a innovación e ser así máis competitivas.

O ICO de financiamento de 323 millóns de euros para pemes innovadoras

O Goberno central puxo en marcha, a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), un instrumento para financiar a PEMEs innovadoras denominado 'ICO Innovación Fondo Tecnolóxico'. Esta nova liña de financiamento, con 323,6 millóns de euros, será cofinanciada polo Programa Operativo Fondo Tecnolóxico do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (FEDER), que achegará preto do 75% dos fondos, co obxectivo de apoiar as empresas innovadoras que poden ter dificultades para acceder a crédito.

Wayra, a aceleradora de start-ups de Telefónica, busca 50 novos proxectos

A firma especializada en promover a innovación e a detección de novos talentos de Telefónica, Wayra, abriu unha nova convocatoria global de proxectos para buscar 50 novas propostas de negocio na área de Internet e as novas tecnoloxías.

A educación ambiental, fonte de innovación e creatividade "contaxiosa" para o desenvolvemento industrial e tecnolóxico galego

"A educación nunha disciplina transversal como é o medio ambiente, que presenta unhas taxas de actualización e incorporación de novos coñecementos e innovación das máis elevadas, logra un interesante efecto sinérxico ao xerar unha dinámica de creatividade e innovación contaxiosa, que se traslada a diferentes ámbitos do coñecemento e do desenvolvemento industrial e tecnolóxico", afirmou a secretaria da Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (Aproema), Maruxa Pérez, con motivo da celebración do Día Mundial da Educación Ambiental.

Páxinas