Febreiro 2015

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O esforzo de Tecnópole por difundir o espírito emprendedor sitúase no podio español

O labor de Tecnópole na difusión do espíritu emprendedor foi recoñecido como a terceira máis exitosa no ránking sobre os servizos que prestan os viveiros de España elaborado pola Fundación de Caixas de Aforro (Funcas), no que se analizan a fondo as cen entidades deste tipo máis relevantes que existen no país.

Aimen desenvolve un sistema de control para eliminar os defectos de fabricación en compoñentes de automoción e aeronáutica

O centro tecnolóxico Aimen lidera un proxecto europeo que busca crear un sistema de control que reduza a cero os defectos de fabricación en compoñentes da automoción e a aeronáutica. A iniciativa, que leva o nome de MAShEs busca desenvolver unha solución compacta, dotada con procesamento embebido para tarefas de motorización e control en tempo real en proceso de soldeo e fabricación aditiva por láser.

A Xunta impulsará o CIS Galicia como ponte á reinvención industrial

A Xunta quere facer do Centro de Innovación e Servizos (CIS) de Ferrol a "ponte" de enlace entre a innovación tecnolóxica e a pequena empresa (pemes), como referente para a reinvención dos sectores estratéxicos da economía galega e para aplanar o camiño cara unha nova revolución industrial 4.0.

Os Premios Emprendedores da Fundación Everis buscan proxectos ganadores nos sectores TIC, biotecnoloxía e industria e enerxía

A Fundación Everis presenta a súa XIV Edición dos Premios Emprendedores, abrindo o prazo de inscrición para aqueles proxectos innovadores e con talento que queiran optar ao gran premio de 60.000 euros.

Catro aplicacións españolas seleccionadas para competir no “Mobile World Congress” de Barcelona

As plataformas españolas Guudjob, Cookbooth, Donde Esta Family e Shopping Leeks figuran entre as 16 apps que competirán para ser elixidas como a mellor do ano nos “Mobile Premier Awards”, os premios de referencia para o sector das aplicacións, que terán lugar a principios de marzo no marco dun dos maiores eventos tecnolóxicos do ano.

As tecnoloxías de impresión 3D son o futuro da construción

A construción de edificios a partir da impresión en 3D está chamada a revolucionar o sector dentro duns anos, unha grande oportunidade para as empresas españolas de establecer uns límites diferenciais coa competencia, rebaixar os custos e sortear a crise económica.

Unha nova tecnoloxía reducirá o tamaño dos motores a reacción e o peso dos avións

A compañía de aviación Pratt&Whitney está explorando se unha tecnoloxía coñecida como fabricación aditiva podería utilizarse para desenvolver motores a reacción máis compactos, para que os avións comerciais foran máis lixeiros e máis eficientes.

Capital Cell, a primeira plataforma de investimento colectivo en saúde e biotecnoloxía

Nace en España Capital Cell, a plataforma que permite a calquera cidadán apoiar a emprendedores dos sectores da saúde e a biotecnoloxía cun montante de partida de 250 euros.

Os proxectos innovadores en busca de financiamento terán unha oportunidade en The South Summit

Os mellores proxectos innovadores dos países do sur de Europa, Mediterráneo e Latinoamérica terán a oportunidade de presentarse e formar parte dunha das iniciativas máis poderosas do panorama emprendedor actual, The South Summit.

Investigadores do CSIC desenvolven ventás intelixentes máis baratas

Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveron unha novidosa técnica que permite reducir os custos de 'ventás intelixentes' coas que se pode controlar a cantidade de luz que pasa a través dun cristal. En cuestión de segundos, mediante un interruptor, pódese activar esta tecnoloxía que provoca unhas reaccións químicas e físicas que fan que o vidro dunha ventá transparente se converta en opaco.

Páxinas