Abril 2019

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Tecnópole e Xunta invitan familias e grupos de amigos ao espectáculo "A maxia da ciencia"

Este próximo sábado día 4 de maio todas as familias e grupos de amigos de Ourense ou de calquera outro punto de Galicia están invitados ao espectáculo "A maxia da ciencia", organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole coa colaboración da Xunta de Galicia e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Galiciencia celebra a súa edición dedicada á saúde e os bos hábitos con récord absoluto de proxectos presentados

Un sistema de arranque intelixente para coches que se bloquea se estás bebido, unha cadea de comida rápida saudable, un invernadoiro de patacas para astronautas, un sistema ecolóxico de loita contra a avespa velutina, un casco con luces LED para evitar atropelos de ciclistas e bioplásticos de orixe orgánica son só algúns exemplos dos proxectos que participarán na Galiciencia 2019.

Aerocamaras é a única empresa no mundo en usar drons con tres sensores para a inspección de redes eléctricas

Aerocamaras Especialistas en Drons, con sede en Tecnópole, é a única empresa no mundo capaz de usar drons con tres sensores para realizar inspeccións de redes eléctricas. Isto tradúcese en que é a única empresa capacitada para levar a cabo tres inspeccións nunha, o que leva consigo un importantísimo aforro en todos os aspectos.

Industria galega 4.0: por falta de profesionais que non sexa

Primeiro foi a máquina de vapor. Despois, a electricidade. No século XX chegou a automatización. Agora a fábrica fíxose intelixente. É a cuarta revolución industrial, que xa está en marcha en Galicia e avanza da man da grande empresa, convertida no gran pulmón tecnolóxico da comunidade galega.

Google arrebata a Apple o liderado en innovación

Se o proceso de transformación dixital está a revolucionar o mundo na súa totalidade, e o empresarial en particular, con cambios a unha velocidade de vertixe, neste ámbito a innovación é un dos elementos máis determinantes. E neste sentido, saber cales son as firmas que máis e mellor desenvolven e invisten neste campo resulta moi ilustrativo.

Os analistas financeiros axudan as empresas a producir máis patentes

O investimento en I+D é importante para as empresas, xa que é un elemento determinante para os seus beneficios e o seu crecemento a longo prazo. Non obstante, non todas invisten de xeito óptimo en innovación. Existen diversas variables que poden distorsionar tales decisións de investimento.

Gamificación: xogar a un rallye ou a escalar o Everest, a nova fórmula para mellorar as vendas

"Hai uns tres anos, todo o que era gamificación aplicado ás vendas era moi novidoso, non había case nada. Pero atopamos Playmotiv e empezamos a traballar con eles. Dende entón, aquilo que empezou como unha proba estendeuse como unha actividade máis da empresa grazas á cal melloraron as nosas cifras de distribución e vendas e a motivación e engadgment dos nosos traballadores", explica Lluís Costa, IT Director de Mars Iberia.

12 ideas para revitalizar os pobos: un Erasmus de alcaldes e un Uber rural

Fanse chamar o G-100. Son 50 homes e 50 mulleres de todo o país e queren darlle un xiro ao mundo rural. Reivindican a forza dos pobos. Aínda que estean envellecidos, masculinizados ou perdan habitantes. Están convencidos de que a solución debe vir dende abaixo, dende o terreo. Así que eles, entusiasmados coa vida rural, queren entusiasmar. Por iso levan dous meses e medio traballando de forma voluntaria para atopar solucións. ¿Que non hai oferta de vivenda? Pois haberá que trazar un mapa do territorio e desenvolver un portal que mostre as opcións reais. ¿Que non hai transporte?

O volante que alerta os condutores fatigados

A fatiga é un dos grandes perigos ao volante. Segundo datos da DGT, entre un 20 e un 30% dos accidentes de tráfico está relacionado cos problemas derivados do cansazo. Trátase dunha cifra elevada, tendo en conta que a maioría dos condutores experimentou un episodio de fatiga. Co obxectivo de diminuír as estatísticas, un equipo de investigación da Universidade de Aveiro (Portugal) desenvolveu unha funda de volante que "conecta" coa pel do condutor, supervisando os signos vitais do condutor e avisando, en caso de fatiga, que é hora de parar e descansar.

Investigadores isreaelitas "fabrican" con tecido humano nunha impresora 3D un corazón que palpita

Investigadores da Universidade de Tel Aviv produciron un corazón vivo que palpita utilizando tecido humano e unha impresora 3D, nun avance que abre vías cara aos transplantes do futuro, informou o centro de estudos.

Páxinas