Xuño 2019

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Unha empresa da Tecnópole lanza unha app para que os empregados poidan fichar co móbil

Unha aplicación móbil para que os empregados poidan fichar co smartphone. Este é o último lanzamento de Primux, empresa tecnolóxica que concibiu esta nova app no seu centro de I+D, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense).

Esta ferramenta busca facilitarlles ás empresas, e en especial ás pemes, o cumprimento da nova normativa de control obrigatorio da xornada laboral dos seus traballadores.

O 012 atendeu máis de 3,8 millóns de chamadas dende que abriu na Tecnópole

O teléfono de atención e información ao cidadán da Xunta de Galicia (012) leva atendidas máis de 3,8 millóns de chamadas dende a súa posta en funcionamento no 2011. O centro de operacións deste servizo que se utiliza en toda a comunidade atópase no Parque Tecnolóxico de Galicia e está, de acordo co balance que realizou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, "consolidado" como a referencia telefónica dos cidadáns.

A Xunta pon en marcha a Materioteca de Galicia para impulsar a innovación a través do deseño

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou na presentación da Materioteca de Galicia en Ferrol que este novo recurso aspira a ser "un punto de referencia para todos os profesionais galegos que investigan, innovan e deseñan na órbita dos novos materiais, tanto para os que os crean como para os que os aplican, e un foco de difusión da tecnoloxía de materiais con orixe en Galicia, para apoiar a súa proxección internacional".

A tele do futuro é galega... automática e intelixente

Cos seus matices, a historia de Cinfo podería ser a daquela pequena aldea gala que lle amolaba a Julio César. Ao Imperio romano. A tecnolóxica galega, especializada na produción automática de vídeo e nos soportes de última xeración, fíxose un oco en tempo récord nun mundo de xigantes: ese no que habitan as plataformas dixitais e os grandes consorcios multimedia de carácter global.

O I+D da reciclaxe con selo "made in Spain"

Avanzar cara a un futuro sustentable só é posible se a mirada dos que van estar á fronte, liderando empresas e proxectos é capaz de conxugar innovación e protección ambiental. Por sorte, cada día son máis as startups que utilizan a tecnoloxía en pro da reciclaxe e achegan solucións aos retos aos que se enfronta o planeta.

Fito europeo na produción de combustible solar

A transición dende os combustibles fósiles aos combustibles de orixe renovable é un dos retos máis importantes aos que nos enfrontamos para o futuro. O proxecto SUN-to-LIQUID aborda este reto co obxectivo de producir combustibles renovables para o transporte a partir de auga e CO2 utilizando enerxía solar concentrada.

O grafeno chega ao mercado... en segredo

En 2004, dous investigadores lograron reducir o grafito a unha finísima capa dun nanómetro de grosor. A súa creación, chamada grafeno, tiña propiedades tan estrañas que moitos falaron dunha revolución nos laboratorios.

Dende entón, a industria espera cos brazos abertos as aplicacións do material do futuro. Tanto é así que Europa puxo en marcha o enorme proxecto Graphene Flagship, un 'buque insignia' con máis de 150 centros de investigación, empresas e un presuposto de 1000 millóns de euros para sacalo dos laboratorios ao escaparate comercial.

O novo "google translate" da UE ten selo español

A súa aposta pioneira pola tradución estatística posicionou a Pangeanic como un aliado imprescindible para as multinacionais nipoas como Toshiba, Honda, Sony e Panasonic. O know how desta empresa española foi tecendo unha rede que se movía entre contratistas de Defensa de EEUU ata Rolls-Royce e Samsung ou protagonistas do Nasdaq como Veritone.

As máquinas aprenden soas a coordinarse contra o seu inimigo

Cada poucos meses anúnciase un novo logro no campo da intelixencia artificial. Novos fitos que mostran o músculo que está a desenvolver este campo de investigación, financiado en boa medida por empresas privadas. Son retos vistosos, como cando se fan invencibles en taboleiros familiares e xogos populares. Pero tamén son vitorias que invitan a reflexións máis profundas ao analizar o que supoñen. Non é só que a máquina logre gañar, é que é capaz de "intuír" como facelo. Non é que venza aprendendo de cero, é que se ensina a si mesma desprezando os coñecementos milenarios dos humanos.

Caricaturizar a 5G como o "grande irmán" asiático dos móbiles é inxusto

A quinta xeración de conectividade móbil promete descargas moito máis rápidas, unha ampla cobertura e conexións máis estables. Non obstante, se miramos a esta tecnoloxía unicamente a través da pantalla do noso smartphone, estaremos a ver unha parte moi pequena do que este avance traerá á nosa sociedade. Quen pense que o cambio de escenario que brinda a nova xeración se centra nos nosos dispositivos móbiles, está equivocado.

Páxinas