Febreiro 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Catro proxectos emprendedores da Universidade de Vigo recibirán apoio de Tecnópole

A Universidade de Vigo promove os premios Incuvi-Emprende, un programa de apoio a iniciativas empresariais de base tecnolóxica e de coñecemento, que ofrece unha formación e mentorización específica de cara á validación das ideas de negocio e á elaboración dun plan de empresa. Catro dos galardoados este ano, recibirán apoio loxístico e formativo cunha estancia dun ano na incubadora de empresas de Tecnópole. Trátase de catro propostas a cabalo entre a economía tradicional e a revolución tecnolóxica. 

Tecnópole participou no Foro Transfiere

Tecnópole participou na 9ª edición do Foro Transfiere. A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) presentou as novas funcionalidades que a súa rede privada de blockchain (BLOCKPCT) achega á actividade empresarial. 

Leopoldo Boado, vicepresidente de Aplicacións de Oracle Europa: "O software non necesitará intervención humana"

O software autónomo converteuse nun dos piares de Oracle, en pleno proceso de transición a unha compañía cloud. "Estamos ante un cambio de paradigma. Para nós, o futuro é o software autónomo: grazas á intelixencia artificial embebida non se necesitará intervención humana", explica Leopoldo Boado, vicepresidente de Aplicacións para Oracle en Europa e director xeral de Oracle España. 

Residuos plásticos oceánicos servirán para facer pezas con impresión 3D

Soa a ciencia ficción, pero a transformación dos residuos plásticos oceánicos en novos compoñentes ecoinnovadores é un proxecto que está a punto de ser realidade no mundo marítimo e farase con tecnoloxía made in Galicia. 

Intelixencia artificial para cidades cero emisións

Hai cinco anos, 4.000 millóns de habitantes -o 54% da poboación mundial- vivía en cidades, unha porcentaxe que Nacións Unidas calcula será case do 60% en 2030, cando 5.000 millóns dos 8.500 millóns de persoas que vivirán no planeta habiten en grandes urbes. Por iso, as cidades estanse a transformar, non só para adaptar as súas infraestruturas ao crecemento poboacional, senón tamén para ser máis ecolóxicas, apostando pola eficiencia enerxética e a mobilidade sostible. 

O sector TIC é o líder en madureza dixital grazas ao volume de datos

O sector de telecomunicacións lidera a madureza dixital e é o que ten un modelo de organización con maior grao de orientación ao dato dentro da industria española, grazas aos inxentes volumes de datos que manexan e deben aproveitar, segundo se desprende do Informe Minsait sobre Madureza Dixital en España 2019, centrado en Dato e Analítica. 

Matemáticas para predicir como impacta o cambio climático nos nosos bosques

As matemáticas ao servizo dos ecosistemas forestais. Fórmulas que nos permiten simular distintos procesos fisiolóxicos, por exemplo, a fotosíntese, na que intervén a temperatura, a humidade do chan, a concentración de dióxido de carbono, a condición nutricional da propia planta, etc. Trátase de entender e predicir que vai acontecer nun determinado bosque, un labor de anticipación que pode estar máis preto grazas ao proxecto Modico. 

De pagar co rostro a pagar coa voz. Así é a revolución do Payment Innovation Hub

Se 2019 foi o ano do pago por recoñecemento facial, 2020 será o ano do pago por voz no Payment Innovation Hub, unha alianza entre CaixaBank, Global Payments Inc., Samsung, Visa e Arval que cumpre dous anos de vida. Ao longo deste tempo, o hub especializado en medios de pago e solucións para comercio, situado no Pier01 de Barcelona Tech City, desenvolveu 52 propostas que se materializaron en 16 proxectos. 

Alfredo Bermúdez: «O consumidor valora cada vez máis os produtos con propiedades saudables»

Un novo produto para mellorar o valor nutritivo do leite, e innovar para administrar tratamentos nas enfermidades autoinmunes e dexenerativas coa súa incorporación a alimentos, son os obxectivos de Statera Labs e Smart Vitamins, dúas empresas emerxentes que comparten como promotor a Alfredo Bermúdez.

A un paso de predicir un cancro vinte anos antes do seu diagnóstico

Unha de cada tres persoas sufrirá cancro ao longo da súa vida. O achado do grupo Genomas e Enfermidades do CiMUS, dirixido polo doutor José Manuel Castro Tubío, supuxo un gran paso non só para chegar a tratamentos máis eficaces e personalizados contra as doenzas oncolóxicas, senón tamén para chegar a previlas, xa que abren vías para chegar a predicilas ata vinte anos de ser diagnosticadas.   

Páxinas