Biofabri ampliará a súa planta e confía en que a vacina de Novavax beneficie tamén a provedores locais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A produción da vacina de Novavax para toda Europa podería arrincar na fábrica porriñesa de Biofabri “ao final da primeira metade de 2021”. O director xeral do grupo biofarmacéutico Zendal, Andrés Fernández, adiantou que o acordo coa multinacional estadounidense para desenvolver o antíxeno “vaise notar” nos provedores locais e que a compañía está a expandir as súas instalacións “o máis rápido posible para facer cantas máis doses mellor”.

O CEO de Zendal destacou que a fabricación da vacina, que xa se atopa na fase 3, é “un reto moi importante e complicado, un cambio de dimensión, pero dominamos as tecnoloxías”, destacou. Fernández recoñeceu que agora mesmo tres vacinas atópanse por diante da de Novavax -as de Moderna (EEUU), Sinovac (China) e a liderada pola Universidade de Oxford-, aínda que a que producirá Biofabri ofrece máis facilidades en canto á súa conservación. “Renunciouse á estabilidade para chegar antes ao mercado e conter a pandemia”, apuntou.

Ata que finalice a fase 3, non se saberá se a vacina protexe aos cidadáns fronte á transmisión ou a enfermidade ou ambas, pero el é “optimista”. “Teño moita confianza en que chegue ao mercado e sexa a mellor. E espero que se produza un incremento no emprego a longo prazo”, comentou.

Grazas ao contrato con Novavax, a compañía, que traballa noutros dous proxectos de vacinas co CSIC, está a acceder a contactos “que antes eran moi complicados”. “Está a darnos moita notoriedade. Temos un gran nome e unha gran reputación, pero non masa crítica para entrar no concepto de elite mundial da biotecnoloxía. Terémolo”, asegurou.

Fonte: Faro de Vigo