Fonteboa pon en marcha un proxecto para usar drons en tarefas agropecuarias

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Centro de Promoción Rural Fonteboa ten en marcha un proxecto para a aplicación de drons na agricultura. O profesor José Manuel Campos indicou que é fundamental que os alumnos de hoxe coñezan as novas tecnoloxías e a súa aplicación nas actividades agropecuarias, onde xa se utilizan en forma de robots de ordeño ou de sistemas de alimentación automática. Os drons estarían nesta liña e, aínda que na zona apenas son habituais, si se poden atopar en viñedos.

O docente de Fonteboa explicou que calquera produtor con máis dunha hectárea de terreo, mesmo repartido en varias leiras, podería ser un usuario interesado, aínda que aínda é moito o que poden cambiar estes aparellos a forma de traballar nas granxas e é aí onde poden entrar os que hoxe son alumnos do centro coristanqués, posto que moitos deles poden chegar a ser usuarios cando se fagan cargo de explotacións.

Vendo a velocidade á que se realizan os avances tecnolóxicos, é probable que cando rematen os estudos os mozos que asistiron á primeira clase desta edición xa haxa unha nova xeración de drons.

Radio de acción

Nela confía José Manuel Campos. Asegura que non tardarán moito en ter un radio de acción de máis de cinco quilómetros e que mesmo poden traballar sen ser pilotados, de modo que todos os días terían capacidade para escanear os cultivos e detectar necesidades ou carencias neles. Mesmo sería posible que chegasen a aplicar tratamentos.

O docente aclarou que estes aparellos suporán un grande aforro de tempo para os agricultores e gandeiros mesmo da zona. Para José Manuel Campos trataríase de «unha ferramenta de traballo» e iso é o que tenta inculcar aos estudantes, moitos dos cales poderán aforrarse «patear toda a leira» para comprobar a situación en que se atopan as plantacións. Afirmou que podería ser especialmente interesante a aplicación dos drons nos campos de millo e de patacas que hai na Costa da Morte.

Fonte: La Voz de Galicia