Unha nova aplicación cidadá permitirá unificar «online» servizos municipais (Imatia Innovation)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Concello da Coruña adxudicou o contrato para o desenvolvemento dunha aplicación cidadá que facilitará o acceso desde todo tipo de dispositivos a diversos servizos municipais. Esta aplicación permitirá, por un lado, unificar nunha única aplicación servizos existentes noutras aplicacións municipais e, por outro, crear a base para incorporar progresivamente novos servizos.

Desde o goberno local explicaron que, deste xeito, dentro do contrato adxudicado, incorporaranse entre outras funcionalidades unha axenda de eventos da cidade, o envío de avisos ou incidencias relacionadas con servizos municipais, información e avisos dos servizos de emerxencias, obras e actuacións na urbe, solicitar cita previa cos servizos municipais, trámites, información sobre xestión de residuos e puntos móbiles, praias, fotos e planos históricos, instalacións deportivas ou bibliotecas.

En posteriores actuacións, que se porán en marcha en breve, segundo as previsións municipais, iranse incorporando outros servizos relacionados coa mobilidade (información de autobús, Bicicoruña, estacionamento, tráfico...), coa calidade ambiental (calidade do aire, ruído...) ou con trámites administrativos. Resaltaron que esta aplicación permitirá a cada persoa usuaria un alto grao de personalización, ofrecéndolle a opción de subscribirse e recibir notificacións e información daqueles servizos que sexan do seu interese, por exemplo avisos relacionados con situacións de emerxencia ou actuacións preto de casa, o traballo ou outras localizacións definidas.

A empresa Imatia Innovation é a adxudicataria do contrato por importe de 164.414 euros, cofinanciado nun 80% polos fondos europeos Feder, e cun prazo de execución de 18 meses.

Fonte: La Voz de Galicia