O ICO de financiamento de 323 millóns de euros para pemes innovadoras

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Goberno central puxo en marcha, a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), un instrumento para financiar a PEMEs innovadoras denominado 'ICO Innovación Fondo Tecnolóxico'. Esta nova liña de financiamento, con 323,6 millóns de euros, será cofinanciada polo Programa Operativo Fondo Tecnolóxico do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (FEDER), que achegará preto do 75% dos fondos, co obxectivo de apoiar as empresas innovadoras que poden ter dificultades para acceder a crédito.

Entre as vantaxes desta nova iniciativa destaca que o ICO asumirá parte do risco das operacións de financiamento, ofrecendo adicionalmente un tipo de interese preferencial respecto a outras liñas de financiamento, á empresa beneficiaria.

A liña ICO distribuirase a través das entidades financeiras colaboradoras e financiará investimentos produtivos de empresas innovadoras dentro do territorio nacional. Esta liña estará vixente ata o 31 de decembro de 2015 e o prazo máximo dos empréstitos será de ata 7 anos.

Trátase dun instrumento de tipo "revolving", no que os recursos devoltos ao ICO polo reintegro de empréstitos, así como os intereses xerados pola actividade do ICO como xestor da iniciativa, pasarán a formar parte do instrumento e deberán ser utilizados para os mesmos fins para os que foi creado ata a súa liquidación.

Poderanse beneficiar destas axudas aquelas empresas que fosen valoradas como innovadoras polo Ministerio de Economía e Competitividade e figuren na relación que se publicará para tal efecto na súa web. Tamén as empresas cuxa actividade se atopa baixo os códigos nacionais de actividades económicas (CNAE) cualificados como de media ou alta tecnoloxía polo Instituto Nacional de Estatística.

Como complemento a esta liña de financiamento, o consello do Banco Europeo de Investimentos (BEI) aprobou recentemente unha liña de crédito de 150 millóns de euros para financiar capital circulante ás PEMEs innovadoras. Esta liña porase en marcha en paralelo coa liña de investimento do ICO citada. Mediante as dúas liñas mobilizaranse ao redor de 475 millóns de euros para financiar investimento e capital circulante.

(Fonte: ICO)