Políticas de innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Premio para os nanosatélites e os biodeterxentes da Universidade de Vigo

    A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, acaba de outorgar os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019 a dous grupos de investigación das universidade de Vigo e Santiago e tamén a unha spin-off do campus olívico.

    Estes premios están promovidos para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente de organismos de investigación ao tecido produtivo. Os galardóns entregaranse nunha cerimonia que terá lugar o 11 de decembro. Están dotados con 6000 euros.

  • A startup española de intelixencia artificial Recognai, premio ao mellor uso de datos compartidos

    O premio para startups do Data Pitch de Open Data Institute (ODI) recaeu na española Recognai. Trátase dunha spin-off da Universidade Politécnica de Madrid, onde investigaba o seu cofundador Daniel Vila, nacida en 2017. "Facemos solucións de ciencia de datos e intelixencia artificial aplicada a texto. Aplicamos semántica computacional e aprendizaxe automática a datos non estruturados para automatizar procesos de xestión de información tediosos e custosos", afirma Vila.

  • A Xunta promove o uso dos incentivos fiscais á I+D+i como un mecanismo para impulsar o financiamento da innovación

    A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destaca a importancia de que as pemes coñezan os incentivos fiscais estatais e autonómicos á I+D+i para aumentar o seu aproveitamento. Durante unha xornada informativa, Argerey sinalou que este tipo de financiamento indirecto da innovación pode alcanzar entre un 12 e un 51% de dedución sobre o investimento en I+D+i, e que é compatible, con certos límites, coas axudas directas á innovación.

  • Xornada para descubrir materiais sustentables para o envasado de alimentos

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra o próximo xoves 14 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) unha nova xornada de traballo no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

    O workshop "Novos materiais para packaging sustentable" ten por obxectivo difundir entre as empresas e os profesionais do deseño galegos as oportunidades que abren os materiais innovadores para o envasado de alimentos coa menor pegada ambiental posible.

  • Arranca a segunda edición do BFFood, a aceleradora para innovadores do sector alimentario

    O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) abriu unha nova edición de BFFood, a súa aceleradora do sector alimentario destinada a axudar a poñer en marcha proxectos innovadores relacionados con este sector. O prazo para poder participar neste proxecto permanecerá aberto ata o próximo 30 de novembro.

    Entre todos os participantes, seleccionaranse dez proxectos innovadores que dean resposta aos retos reais presentados polas empresas agroalimentarias. Estes disporán do apoio económico da Xunta de Galicia, en concreto, accederán a un financiamento de 25.000 euros a fondo perdido.

  • A Xunta abre unha nova convocatoria para seleccionar novos proxectos para a aceleradora BFAero

    A aceleradora Business Factory Aero, que forma parte do Polo Aeroespacial de Galicia impulsado a través da Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia, lanzou a súa segunda convocatoria para captar talento e seleccionar seis novos proxectos innovadores con drons e vehículos non tripulados.

  • C-VoUCHER abre unha nova convocatoria para adoptar a economía circular, ofrecendo financiamento a pemes

    C-VoUCHER é a primeira iniciativa paneuropea que axuda ás empresas a remodelar e redeseñar as súas cadeas de valor, pasando de modelos lineais a circulares. Esta primeira convocatoria para innovadores ofrece 15.000 euros a pemes que desenvolvan plans de viabilidade para adoptar solucións de economía circular.

    As dezaoito pemes seleccionadas participarán nun programa de tres meses de duración, contando co apoio dun experto en design thinking e sesións de asesoramento con expertos en financiamento.

  • A Fundación Cotec abre o prazo de candidaturas para o seu programa de innovación aberta

    A Fundación Cotec abriu ata o 13 de outubro o prazo de presentación de candidaturas para #PIA2019, a terceira convocatoria do seu Programa de Innovación aberta. O obxectivo de Cotec con este programa é seleccionar propostas de innovación cos que colaborar, a través dun contrato, para desenvolver proxectos de forma conxunta. A axuda de Cotec pode ser financeira (ata 40.000 euros) ou doutro tipo (asesoría, comunicación e relacións públicas, etc.).

  • Zendal premia os mellores proxectos no campo da saúde e a biotecnoloxía

    O Grupo Zendal abriu a primeira convocatoria dos International Zendal Awards co obxecto de recoñecer o traballo daquelas institucións, públicas ou privadas, que desenvolvan o seu labor tanto no campo da saúde animal como humana e que demostraran mérito e compromiso no ámbito das vacinas, a prevención e a biotecnoloxía.

  • Licitado un servizo de drons con desfibrilador para os que sufran unha parada cardíaca no Camiño de Santiago

    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciou a contratación do desenvolvemento dun servizo integral de cardioprotección no Camiño.

    Trátase dun sistema que busca mellorar os tempos de resposta en caso de que algún peregrino sufra unha parada cardiorrespiratoria, a través da utilización de drons que, equipados cun electrocardiógrafo e un desfibrilador, poderán acceder de xeito máis rápido e sinxelo ao lugar no que se atope a vítima.

Páxinas