Presentado o informe "IoT Signals", un estudo completo sobre a situación actual do Internet das Cousas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Microsoft Corp. publicou "IoT Signals" (https://azure.microsoft.com/es-es/iot/signals/), un novo informe que proporciona unha visión global sobre a situación do Internet das Cousas na actualidade. Para levar a cabo este estudo, Microsoft entrevistou máis de 3000 responsables de IoT de diferentes empresas co fin de ofrecer unha visión holística do ecosistema do IoT, incluíndo porcentaxes de adopción, as tendencias tecnolóxicas relacionadas, e tamén os beneficios e os retos que o sector ten por diante.

O informe sinala que a adopción de solucións de IoT está a crecer rapidamente, tanto que os enquisados cren que en dous anos o 30% dos ingresos da súa empresa dependerán do Internet das Cousas. Non obstante, esta industria enfróntase a un importante déficit de coñecementos na materia, así como a retos de complexidade e seguridade que, se non se abordan, poden comprometer os beneficios empresariais previstos.

"O IoT está a transformar as empresas de todos os sectores e tamén está a impulsar innovacións revolucionarias. A nosa investigación mostra que para liberar todo o potencial do IoT, a industria ten que abordar retos clave como a escaseza de persoal cualificado, as preocupacións en materia de seguridade e a complexidade das solucións", afirma Sam George, director de Azure IoT.

41.600 millóns de dispositivos

A proliferación de dispositivos de IoT permite ás empresas obter o máximo proveito da intelixencia na nube, permitíndolles crear solucións adaptables aos seus ámbitos. "Segundo o Worldwide Global DataSphere IoT Devices and Data Forecast de IDC, teremos ao redor de 41.600 millóns de dispositivos de IoT conectados para o ano 2025, o que supón un crecemento do 8,9% durante o período previsto. A medida que o mercado madura, o IoT estase a converter cada vez máis na infraestrutura que permite o intercambio de información entre "as cousas", as persoas e os procesos. Deste modo, os datos convértense no denominador común xa que se recollen, procésanse e utilízanse dende os extremos máis próximos e afastados da rede para crear valor engadido para as industrias, os gobernos e as vidas das persoas", sinala Carrie MacGillivray, vicepresidente do grupo de IoT, 5 G e Mobilidade en IDC.

(Fonte: MuyPymes)