Un proxecto piloto creará novos produtos derivados da castaña

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Cooperativa Amarelante, creada no ano 2013 en Manzaneda, presentou en marzo unha proposta de proxecto piloto para o desenvolvemento de novos produtos da dieta atlántica derivados da castaña de variedades autóctonas. Para iso contará coa participación do Centro Tecnolóxico da Carne e a aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago. O obxectivo principal é o deseño e elaboración de novos alimentos que constitúan un xantar e un aperitivo saudable, galego, e sen azucre engadido.

Esta iniciativa está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, Feader, dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Os novos alimentos serían un aperitivo de castaña asada listo para comer, e levaríase a cabo o asado e marcado das castañas; copos de fariña seca, como continuación dun proxecto de investigación anterior no que se desenvolveron con éxito uns copos con castaña fresca e preténdese continuar coa mellora elaborándoo á partir de fariña de castaña seca ou a de destrío (picón). Tamén se fará leite vexetal, elaborada con este froito seco e/ou fariña que será hidratada para extraerlle o mollo. Todos terán o valor engadido de ser aptos para xente intolerante ao glute.

Para a realización deste proxecto necesitaranse tres anos e contarase coa colaboración de dúas entidades de investigación que participarán no desenvolvemento dos produtos e o seguimento analítico. Trátase do Centro Tecnolóxico da Carne, con ampla experiencia en proxectos de I+D+i e elaboración de novos produtos, que implicará ao seu departamento agronómico e os laboratorios de análises, e a aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago que se encargará da elaboración da bebida vexetal de castaña e as súas correspondentes análises.

A Cooperativa Amarelante foi fundada co fin de recuperar os soutos abandonados para a produción de castaña e derivados, e será a responsable da coordinación do proxecto e de realizar as tarefas relacionadas coa recollida e selección do froito para a súa transformación. Este proxecto pretende contribuír á revalorización da castaña a través da elaboración de novos alimentos transformados de maior valor engadido que potencie a promoción de novas industrias artesanais ligadas ao territorio.

Fonte: Faro de Vigo