Transformación dixital e innovación centrarán o Digital Tech&Trends Summit

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O espazo Truss Madrid do Wizink Center acollerá o próximo 26 de setembro o Digital Tech&Trends Summit. Trátase dun encontro que reunirá a emprendedores co fin de descubrir cales son as claves da innovación empresarial para os próximos anos para tratar de ser competitivos.

Espérase que no Digital Tech&Trends Summit 2019 participen empresarios de primeiro nivel, así como empresas que poidan analizar as tendencias tecnolóxicas que están a xerar na actualidade novas oportunidades de negocio e melloras a nivel de usuario.

En concreto, no devandito encontro programáronse mesas de debate nas que participarán os expertos, tamén se darán a coñecer casos de éxito e directivos de compañías punteiras no mercado empresarial como son Heineken, LG, Telefónica Empresas ou Evo Banco falarán da innovación como unha cuestión esencial á hora de optimizar procesos empresariais e adaptar a empresa aos requirimentos do consumidor.

Á parte diso, hai unha sección de galardóns na que se premiará os participantes que asistiron ao encontro empresarial. Nese sentido, sortearase unha fin de semana gastronómica para dúas persoas en Hacienda Zorita, daranse caixas regalo de Smartbox, packs saudables de Dietbox e libros de Edicións Pirámide.

(Fonte: Cinco Días)