Wayra, a aceleradora de start-ups de Telefónica, busca 50 novos proxectos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A firma especializada en promover a innovación e a detección de novos talentos de Telefónica, Wayra, abriu unha nova convocatoria global de proxectos para buscar 50 novas propostas de negocio na área de Internet e as novas tecnoloxías.

Wayra analizará ata o próximo 23 de febreiro os proxectos enviados por emprendedores de todo o mundo que queiran conseguir espazo dentro das sete academias que ofrecen prazas nesta convocatoria: Madrid, Barcelona, Londres e Praga en Europa e Bogotá, Bos Aires e Caracas en Latinoamérica.

A compañía explicou que nesta convocatoria se terán como eixes prioritarios produtos e solucións en áreas como 'Internet das cousas', sensores conectados con aplicacións e melloras para 'cidades intelixentes'', 'Big Data', e tecnoloxías móbiles baseadas en HTML5 potencialmente integrables ao sistema operativo Firefox.

Os proxectos seleccionados poderán participar dun programa de aceleración que lles proporciona acceso a financiamento, mentores dedicados, formación e asesoría especializada, ademais dun espazo de traballo para o seu equipo na academia Wayra e o potencial acceso aos negocios do grupo Telefónica. Así mesmo, os emprendedores poderán ter acceso a unha rede de investidores, socios e expertos en distintas partes do mundo.

(Fonte: El Economista)