Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole acolle a presentación en Ourense das axudas da UE para pemes na internet do futuro

Este mércores 1 de outubro Tecnópole acollerá por videoconferencia a presentación das axudas da Unión Europea para pemes no ámbito da internet do futuro. A xornada, organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), celebrarase de xeito presencial en Santiago entre as 9.30 e as 13 horas.

Contactnova deseña un sistema que axiliza ao máximo as enquisas de satisfacción

A empresa galega Contactnova, con sede en Tecnópole, desenvolveu unha aplicación que facilita a elaboración dos estudos de opinión, facendo máis áxil o traballo de campo e a recompilación de datos, ao tempo que se asegura unha maior fiabilidade.

A Xunta impulsa unha unidade mixta de innovación entre PSA e o CTAG para desenvolver sistemas de condución automatizada

O grupo francés PSA Peugeot Citroën centralizará en Porriño -en colaboración co Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG)- unha parte importante do seu I+D+i sobre condución automatizada (combinación de sistemas que permitirá ao condutor ceder o control dun vehículo de forma temporal en situacións como retencións de tráfico, manobras de estacionamento ou traxectos de autoestradas e autovías), tecnoloxía que pretende introducir nos seus coches a partir de 2020.

Aimen desenvolve un proxecto europeo para construír barcos máis lixeiros e eficientes

O Centro Tecnolóxico da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen) atópase inmerso no desenvolvemento dun proxecto europeo que persegue construír barcos máis lixeiros, eficientes, aos que lles afecten menos a corrosión e os defectos estruturais e que teñan menores custos de combustible e mantemento.

Inevio, o novidoso sistema operativo español gaña o respaldo do MIT

Un usuario pode usar numerosos dispositivos ao longo do día. O seu portátil, o smartphone, a tablet ou o ordenador da oficina. En cada un deles ten uns datos e aplicacións concretas e ás veces vese obrigado a sincronizar e copiar arquivos, con problemas de compatibilidade. Inevio (antes chamada WeeZeel) propón situar oficinas enteiras na nube. A firma española deseñou unha solución que permite aforrar pasos e tempo: un sistema operativo co que poder acceder ao ordenador dende calquera dispositivo do mundo.

Os dez emprendedores e investigadores máis brillantes de España

Aínda non cumpriron 35 anos e xa están a abordar grandes retos como a loita contra as enfermidades neurodexenerativas e o cambio climático. Son biotecnólogos, enxeñeiros, informáticos, lingüistas e expertos en análise de datos que traballan nas fronteiras das súas áreas, evolucionaron rapidamente nas súas carreiras e demostraron un alto potencial de impacto no futuro enerxético, a mellora da saúde, a educación e o medio ambiente. Falamos dos Innovadores menores de 35 España 2014.

Proxectos innovadores españois conseguen financiamento europeo para saír ao mercado

Terapias para nenos con defectos cardíacos, sistemas para controlar a calidade da auga en tempo real e patacas melloradas son algunhas das innovacións españolas que contarán co pulo do Consello Europeo de Investigación (ERC).

Airbus proxecta un casco de realidade virtual para os pasaxeiros dos seus avións

A empresa aeronáutica francesa Airbus solicitou recentemente unha patente que indica que o fabricante estaría polo menos a avaliar a posibilidade de -nun futuro sen definir- entreter os seus sufridos pasaxeiros con cascos de realidade virtual.

Presentan o primeiro ascensor que funciona só con enerxía solar e auga

Entre moitas das novidades e innovacións presentadas no London Festival of Architecture, unha das máis rechamantes foi a presentación por parte do arquitecto Matthew Lloyd do primeiro ascensor do mundo que funciona con enerxía solar e auga.

Envases de plástico 100% biodegradables a partir do excedente da produción de queixo

Investigadores do proxecto LIFE+ WHEYPACK queren demostrar que é posible desenvolver envases plásticos para produtos lácteos 100% biodegradables e viables economicamente, a partir do soro de leite derivado da produción de queixo.

Os humanos tiñan capacidade para innovar hai 300.000 anos

A innovación local e non a expansión da poboación provocou a aparición de novas tecnoloxías en Eurasia hai máis de 300.000 anos, segundo un estudo que publica a revista Science. Este resultado pon de manifesto a antigüidade da capacidade humana para a innovación.

Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a Galiciencia 2014 ata o 26 de outubro

Tecnópole acaba de abrir o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2014 ata o próximo 26 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.

Páxinas