Normas de Urbanización

Condicións de volume

  • A altura máxima da edificación será de 13,50 metros medida no centro da fachada ata a cara superior do último forxado ou, liña tirante en cimbras.
    Permitirase exceder a dita altura en edificacións singulares propias do Parque Tecnolóxico debidamente xustificadas.
    No caso de sotos e semisotos permítense sen contar edificabilidade.
  • Edificabilidade máxima, 1,5 m2/m2 ó 5,5 m3/m2.
  • Ocupación en planta. A edificación non poderá ocupar máis dun 50% da superficie da parcela na que se sitúe. Preverase no interior das parcelas o espazo necesario para aparcadoiro e operacións de carga e descarga. A dotación mínima de aparcadoiro no interior da parcela será dunha praza cada 100m2 de edificación.
  • Retranqueos mínimos. Os retranqueos mínimos que deben cumprir as edificacións a construír serán as seguintes:
    Á vía pública -10 m
    Á parcela lindeira -5 m
    Esta medida contarase a partir do límite de parcela correspondente.
  • Aliñacións. Non se define ningunha aliñación salvo a que se deduce das condicións de retranqueos mínimos.
  • Antepeitos de cornixa.No remate de cornixa de coroación permítese a execución de antepeitos por encima da rasante da dita cornixa, podendo macizarse ata a altura de 1,00m e colocar varandas ata 1,20 m sobre a dita rasante.
  • Chemineas. Salvo xustificación non excederán os 2,00m sobre a cota de cumieira.
  • Beirados. Permitiranse voos máximos de 1,00 m sobre a aliñación correspondente ao retranqueo mínimos.
  • Marquesiñas. O deseño de marquesiñas sitas na planta baixa dos edificios deberá realizarse de acordo aos seguintes criterios:
    • A altura sobre rasante será como mínimo de 3,5m, non podendo exceder en ningún caso a altura do forxado que forma teito de planta baixa.
    • O voo máximo sobre a aliñación resultante do retranqueo mínimo será de 2,00 metros.
  • Permítense a colocación de letreiros anunciadores en planta baixa, altas e remate de edificios sempre que correspondan a un deseño acorde coa imaxe do Parque.

Condicións estéticas

  • Na composición plástica dos edificios tenderase á resolución dos edificios mediante materiais de alta tecnoloxía, acorde coa imaxe dun Parque Tecnolóxico sendo valorados neste sentido as superficies acristaladas en fachada.
  • En canto a materiais prohibidos non se permite o uso de materiais inconsistentes ou de fácil desprendemento, así como as imitacións e falseamento de materiais.
  • Queda prohibido o uso de fibrocemento en cuberta cando este fose quedar á vista.
  • Tanto as medianeiras como os parámetros susceptibles de posterior ampliación deberán tratarse como unha fachada debendo ofrecer unha calidade de obra terminada igual á principal.
  • Permítense os rótulos logo da aprobación municipal.
  • Os parámetros de fachada de semisoto non poderán ser macizos na súa totalidade.
  • Permitirase un zócolo continuo dunha altura máxima de 0,50m.

Condicións hixiénicas de seguridade e accesibilidade

  • As condicións hixiénicas das edificacións axustaranse ás disposicións establecidas na lexislación laboral e sanitaria correspondente.
  • En canto ao illamento térmico acústico será de aplicación para todo tipo de edificios a Normativa Básica en vigor.
  • No relativo ás condicións de ventilación e iluminación será de aplicación para todo tipo de edificios a Normativa en vigor.
  • Para garantir a impermeabilización dos edificios, os parámetros exteriores acabaranse con materiais adecuados para este efecto e un mínimo de duración garantida de 10 anos.
  • Tanto a evacuación de augas residuais dos edificios como as procedentes da recollida de pluviais conduciranse ata as redes principais do Parque.
  • En canto ás condicións de accesibilidade nos edificios cumpriranse cando menos as mínimas a que se refire o Decreto 286/192 de 8 de outubro, de accesibilidade e eliminación de barreiras.