Conde destaca o apoio da Xunta a 330 novos proxectos en 53 países para que as empresas galegas avancen en internacionalización

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante a xornada México-Galicia: Visións compartidas, organizada por Roberto Verino no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole, que a Xunta acaba de conceder axudas por máis de 7,5 millóns de euros a 330 novos proxectos de internacionalización empresarial en 53 países distintos a través do programa Galicia Exporta Empresas.

O conselleiro apuntou que estas iniciativas son “novas oportunidades para que o noso sector produtivo siga internacionalizándose, ofrecendo os nosos produtos e ofrecendo a nosa innovación, e as nosas tecnoloxías”, apuntando tamén ao obxectivo de seguir favorecendo as exportacións desde o interior de Galicia. Así, lembrou que rexistran incrementos nas vendas ao exterior no período xaneiro-xullo tanto Ourense, cunha suba do +1,5%, como Lugo, cun +8,9%.

Na súa intervención, resaltou a necesidade de seguir apoiando ás compañías para mellorar a competitividade das pemes; apoiar a súa capacidade para crecer nos mercados, fomentando unha cultura da innovación; promover a necesidade da internacionalización como garante da estabilidade e a relevancia; e definir unha estratexia común para o sector industrial galego que priorice o perfil transnacional, aumentando a súa presenza nos mercados exteriores.

Francisco Conde sinalou así mesmo que México é un dos principais motores das exportacións galegas, apuntando que o 32% das exportacións a México son do sector téxtil, con empresas como Adolfo Domínguez ou Roberto Verino. Apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria que xornadas como a que hoxe se celebra, coa presenza de GINGroup, unha das maiores empresas latinoamericanas de xestión de capital humano, son unha oportunidade para seguir impulsando as exportacións de Galicia a México.