Galiciencia explorará en 2020 a innovación do futuro

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

A feira científica de referencia en Galicia, Galiciencia, xa ten temática para 2020: a innovación do futuro. A súa décimo quinta edición celebrarase entre os días 6 e 8 de maio en Tecnópole, grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O prazo de recepción de proxectos abrirase no mes de xaneiro e como vén sendo habitual nos últimos anos habilitarase unha sección especial para os que exploren solucións científicas e innovadoras no ámbito do tema central da feira.

A exposición de proxectos volverá combinar os 50 stands reservados aos equipos de Secundaria e Bacharelato que competirán polo premio final cos habilitados fora de competición para estudantes de Primaria.

Isto completarase cunha ampla oferta de actividades paralelas como espectáculos, concursos e charlas das que pronto se informará detalladamente na web de Galiciencia.

(Fonte: Tecnópole)